Outra cita do programa Apego en Ribadeo: matronatación

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

ANGEL MANSO

Será os martes para familias con bebés de 9 a 36 meses

06 may 2019 . Actualizado a las 15:15 h.

Apego é un programa co fin de fomentar o uso do galego entre nenos e nenas. O Concello de Ribadeo inicia este martes unha actividade "pionero" dentro de Apego: matronatación. Recurrindo ao medio acuático búscase tamén fomentar o vencello dos pequenos cos seus pais e avós. As sesións serán os martes de maio, en horario de 16.00 a 18.00 en varias quendas, por idades. A participación é gratuita. Inscricións en cultura@ribadeo.org ou ben no teléfono 982 131 565. Aconsellan sobre todo consultar primeiro ao pediatra.