A partir do xoves poderán cambiarse en Abanca Ribadeo 30 euros por 40 panchas


ribadeo / la voz

A concelleira de Comercio, Ana Martínez, lembraba onte que a partir do xoves desta semana, 4 de abril, poderanse cambiar nas oficinas de Abanca en Ribadeo 30 euros por 40 panchas para poder gastar nos establecementos adheridos á campaña da moeda local.

As panchas -a nova moeda que crean en Ribadeo para esta innovadora campaña comercial, en colaboración con Acisa- poderán empregarse entre o 5 de abril e o 5 de maio. Son 1.000 packs os que se poñen en circulación. Ana Martínez anima ao comercio local a inscribirse (aínda poden facelo ata mañá, mércores), e invita tamén á xente de Ribadeo e de fóra da vila a participar nesta importante campaña que moverá 40.000 euros para gastar no comercio local durante un mes, e así darlle máis vida nestas semanas aos establecementos comerciais da vila. Sen dúbida, unha iniciativa que suscitou interese e chamou a atención.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A partir do xoves poderán cambiarse en Abanca Ribadeo 30 euros por 40 panchas