Éxito do atletismo mariñán, con varios campións galegos o pasado fin de semana

Nas provas master sobre un percorrido de cinco kilómetros


RIBADEO / LA VOZ

O atletismo mariñán foi protagonista este fin de semana, acadando espectaculares resultados nos campionatos galegos celebrados en As Pontes, de 5 quilómetros ruta sub 18, sub 20, sub 23 e master.

Así, o Club Atletismo Ribadeo conta con unha nova campiona e subcampiona galega na categoría master feminino +50 e na sub 23. Son Rocío Mesa e Marta Fernández Díaz. A primeira, correu os cinco quilómetros nun tempo de 20 minutos e 56 segundos, a unha media de catro minutos e once segundos o quilómetro, e a segunda a 23 minutos e 27 segundos (4 minutos e 41 segundos de media). Ademais, Yago Freije rematou cuarto na carreira sub 23.

Pola súa parte, o club Egovarros de Viveiro sumou tres ouros, dúas pratas e un bronce. Destacaron as medallas de ouro acadadas por: Elisa Paz en W60; en M65, Domingo Álvarez e en M55, Emilio Martínez. A medalla de prata foi acadada

en W65 por Mari Luz Sanmartín e a súa compañeira Begoña de Arriba en W60 acadou a medalla de bronce. Outros atletas estiveron moi cerca do podio, como na categoría de M65 que Eliseo López acadou o quinto posto e en M55, Rufino Fernández que facía o seu debut no club acabou quinto.

Ademais, tamén nas Pontes, o ribadense Pablo Fernández García, do Club Atletismo Lourenzá, conseguiu unha medalla de bronce na categoría M-50 no campionato galego de 5 quilómetros en ruta. Pablo Fernández concluíu a proba nun tempo de 17 minutos e 35 segundos, con que sumou o seu segundo metal galego, tras o bronce nos 3.000 metros lisos acadado recentemente en Ourense.

O Club Atletismo Ribadeo tamén participou este domingo na carreira Corre Con Nós As Termas en Lugo. Acudiron 15 atletas e logrou dous podios en diferentes categorías, con Daniel Díaz Alonso e Darío Rodríguez Pérez.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Éxito do atletismo mariñán, con varios campións galegos o pasado fin de semana