A EOI de Ribadeo presenta a «Biblioteca Lila» con lecturas feministas en diversas linguas

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

MIGUEL

01 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Este xoves, na Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo tiveron un acto importante: presentaron a que chaman «Biblioteca Lila», para a que «fixeron acopio», como din, de lectural feministas en diferentes linguas das que se dan clase na EOI.

«Desde a EOI de Ribadeo -explican- quixemos plantar unha pequena semente a prol do feminismo e fixemos acopio de lecturas feministas en todas as linguas da escola. Esperamos poder chegar non só ao noso alumnado, senón a toda a Mariña e miraremos de coidar ben desta semente para que algún día xermole e que as súas raíces sexan fortes e as súas polas cheguen ao máis alto»