Seivane lembra a Rosalía en Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

Eduardo Pérez

Hoxe, en concerto ás 21.00 horas no auditorio Hernán Naval (entrada: 12 euros)

23 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado de luxo o que se nos presenta hoxe en Ribadeo, ao carón dunha fermosa ría e fronte a un non menos fermoso mar. Un sábado de luxo no que a chegada do Día de Rosalía (nacía un 24 de febreiro en Santiago de Compostela) fará da noite da véspera unha ocasión perfecta para disfrutar da sempre nosa gaita galega pero, ademais, da man dunha intérprete de renome e de destacada saga de gaiteiros en Galicia: Susana Seivane.

Aproveita a efeméride para vir presentarnos o seu último disco, de nome Fa, que corresponde ás iniciais dos seus fillos Fiz e Antón. «Cervo vamos facer tamén un percorrido ?adiantou a artista dende Ribadeo?, unha viaxe por todos os discos que levamos editados dentro deste marco de festexo do 20 aniversario». Fa «é unha historia vital que trato de contar a través da miña música», explica, amosándose «encantadísima de poder compartir este traballo do que estou tan orgullosa aquí en Ribadeo. Espero que se anime moita xente a vir».

Outra cita hoxe, en Cervo

A escritora Antía Yáñez está en Cervo (Caseto de Copa, 12.00) presentando as súas obras. Tamén se lerá un manifesto. Organiza A Fervenza.