Recadan 1.319 euros para un neno de Ribadeo que padece atrofia muscular


Ribadeo / La Voz

O pasado sábado celebrouse en Ribadeo un concerto solidario de rock para apoiar a Darius, un neno ribadense de 8 anos de idade que padece atrofia muscular espiñal e polo tanto necesita axuda constante, moitos medicamentos e fisioterapia. Durante a actuación, que se celebrou na rúa San Francisco, recolléronse donativos e vendéronse calendarios por iniciativa da asociación de nais e pais A Faxarda, do CEIP Gregorio Sanz, e recadáronse un total de 1.319,22 euros. Hai que dicir que o concerto solidario correu a cargo de cinco músicos ribadenses: Cherry, Fillo, Pablo, Prisco, Pablo e Róber.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Recadan 1.319 euros para un neno de Ribadeo que padece atrofia muscular