Ribadeo presenta unha completa oferta cultural que comeza con teatro o domingo

La Voz

RIBADEO

10 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Teatro, concertos e actividades en torno ao Samaín terán lugar ata finais de ano dentro da programación cultural do Concello de Ribadeo para este outono. O edil de Cultura, Farruco Graña, anunciou que «o que nos convoca para esta fin de semana que vén -o domingo 14-é a décimo sexta Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. A Mostra este ano estará dedicada ao teatro infantil e vaise prolongar durante tres domingos deste mes».