Ribadeo estrea servizo de socorrismo con menos persoal por falta de candidatos

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

PEPA LOSADA

De momento solo traballarán doce dos quince que finalmente haberá; o Concello pretendía ter vinte

16 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ribadeo contará con 15 socorristas para as tarefas de vixilancia nos seus areais durante o verán e con tres técnicos sanitarios. Doce comezan a traballar hoxe, un incorporarase o día 20 e outros dous farano a partir do 1 de xullo.

O Concello sacou a concurso 20 prazas para socorristas, pero presentáronse menos e son contratados 15. A concelleira de Sostibilidade Ambiental, Paz Ermida, sinalou que «vimos sufrindo dende hai varias tempadas un problema tremendo para cubrir as prazas que sacamos na convocatoria por mais que nos esforzamos dende o Concello.

Pretendemos millorar a operativa de salvamento dotando do maior numero de efectivos posibles para poder atender a demanda existente durante os meses de verán dunha maneira organizada e eficaz».

Ademáis destacou que tanto As Catedrais coma Os Castros teñen tamén a Q de Calidade.