O santuario de Bravos, en Ourol, prepara a romaría da Virxe de Fátima que celebrará o 13 de maio

L.R. OUROL / LA VOZ

OUROL

<span lang= gl >A romería de Fátima en Bravos (Ourol) é unha das festas máis arraigadas da relixiosidade popular na Mariña</span>
A romería de Fátima en Bravos (Ourol) é unha das festas máis arraigadas da relixiosidade popular na Mariña Xaime Ramallal

Ata ese día haberá rosario e novena a partir das 20.00 horas

06 may 2026 . Actualizado a las 11:42 h.

O santuario de Bravos, no municipio de Ourol, prepara a romaría da Virxe de Fátima que celebrará o próximo 13 de maio, mércores. Deste xeito, entre os días 5 e 13 terá lugar a novena, que inclúe un rosario ás 20.00 horas e unha eucaristía ás 20.30. Ademais, como cultos extraordinarios, este venres, día 8, ás 20.30, terá lugar a celebración penitencial (confesións), mentres que o domingo 10 conmemorarase o día dos Enfermos. Haberá unha misa ás 18.00 horas, e outra na que se imporá o sacramento da unción de enfermos ás 20.30. Finalmente, o día grande terá lugar o mércores 13. A xornada arrincará cedo, ás 09.00 horas co rosario da aurora e unha eucaristía. Ás 11.00 horas haberá outra misa, mentres que a que dará comezo ás 13.00 horas culminará cunha procesión. Finalmente haberá rosario ás 20.00 horas e misa con procesión ás 20.30 horas. Organizada pola Unidad Pastoral de Viveiro, trátase dunha das festas populares máis arraigadas na relixiosidade popular da Mariña, e que se orixinou a mediados do século pasado, cando unha devota donou á igrexa parroquial de Santiago de Bravos unha imaxe desta virxe sendo párroco Vicente Gradaille Trobo. En torno ó seu traslado nun carro desde Viveiro e ás primeiras horas que pasou en Bravos atribuénselle varios milagres relacionados coa curación dun rapaz que non podía camiñar en Galdo ou dunha rapaza desahuciada en Bravos. «Cando estaba a piques de morrer, por unha peritonite, trouxéronme a imaxe da Virxe á casa. Deille un abrazo e pouco a pouco funme sentindo mellor ata que á fin curei», relatou hai dúas décadas a muller, chamada Dolores, nunha reportaxe publicada por La Voz de Galicia.