1,4 millóns da Deputación a Ourol para unha residencia e centro de maiores

La Voz OUROL / LA VOZ

OUROL

CEDIDA

06 jun 2019 . Actualizado a las 17:00 h.

O presidente en funcións da Deputación, Darío Campos Conde, e o alcalde de Ourol, José Luís Pajón, asinaron o convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello para construír un centro de día e residencia públicos para os maiores do municipio, cunha achega de 1,4 millóns de euros. O antigo colexio, CEIP Vicente Casabella, que a Xunta pechou no 2015, convertirase no centro de día de maiores e residencia. Deste xeito, dende o concello recupérase un inmoble en desuso dándolle utilidade social cunha infraestrutura moi necesaria para os maiores da zona.