Baile tradicional e música no remate das festas de Ourol

La Voz OUROL / LA VOZ

OUROL

12 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ourol despedirá hoxe as festas na honra de Nosa Señora cunha xornada que comezará ás 13.00 horas coa misa e a procesión. A continuación haberá unha mostra de baile das alumnas do curso de baile tradicional galego de Ourol, que servirá de anticipo á sesión vermú que ofrecerá o grupo Fusión no adro da igrexa.