«O Vicedo é marabilloso, pero precisa ilusión e ideas de futuro»

Lucía Rey
lucía rey O VICEDO / LA VOZ

O VICEDO

Pepa Losada

O PSOE presentou este venres a candidatura de María Pérez Santaballa, a avogada que lle disputará a alcaldía ó popular Jesús Novo nas municipais do 28 de maio

25 mar 2023 . Actualizado a las 11:44 h.

María Pérez Santaballa naceu o 25 de abril de 1974. «O día da Revolución dos Claveles de Portugal», sorrí esta avogada que o 28 de maio aspirará a converterse na primeira alcaldesa socialista do Vicedo, o concello onde se criou, onde ten unha casa e confesa estar está sempre que pode. «O Vicedo é unha marabilla, pero necesita ilusión e ideas de futuro», explica unha profesional que está casada, ten dous fillos e foi concelleira en Viveiro no primeiro mandato de Melchor Roel. O PSOE presentouna este venres como cabeza de lista dunha candidatura integrada, según di, «por xente de todas as idades, de todas as parroquias e que en moitos casos está en asociacións, polo que vai achegar unha visión completa para tratar de facer un proxecto de atender o presente, pero mirando o futuro». Nesa liña, Pérez Santaballa destaca o potencial de recursos como o colexio do Vicedo ou o futuro centro de día. «Somos conscientes de que somos un concello pequeno, de que a poboación está envellecida e de que os servizos sociais son a prioridade. «Os compañeiros da agrupación socialista propuxéronme esta candidatura e teño moitas ganas de facer cousas polo Vicedo», conclúe, e propón convenios con concellos grandes límitrofes ou próximos, como Viveiro ou Ortigueira.