19 may 2022 . Actualizado a las 12:28 h.
Na semana de celebración das Letras Galegas continúan as citas da festa da lingua galega. Como, por exemplo, este xoves en O Vicedo (Casa da Cultura, 17.00 horas) onde Xarope Tulú ofrecerá o seu contacontos Estrafalaria. «Atenea García ofrece un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos e onde o público participa activamente no relato», sinalan ao respecto dunha cita que está pensada para menores de 3 a 12 anos de idade.
En Foz, este xoves ás 18.30 horas desenrolarase un obradoiro de animación á lectura.