Avelino González, o Miñato de 'Padre Casares', actuará no Vicedo o 26

La Voz

O VICEDO

Avelino González, nunha das súas actuacións
Avelino González, nunha das súas actuacións miguel souto

O espectáculo de contacontos comezará ás 19.00 horas, na casa da cultura, e a entrada é gratuita

24 dic 2021 . Actualizado a las 17:04 h.

O actor galego Avelino González presentará o espectáculo 'Contos de boa xente' o vindeiro domingo, 26 de decembro, no Vicedo. Será ás 19.00 horas, na casa da cultura.

Trátase dun espectáculo gratuito e apto para todos os públicos, dentro das actuacións da Rede de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia.

González é un actor popular por representar a Miñato na coñecida serie 'Padre Casares', posteriormente en Madrid participou na serie 'Seis Hermanas' da TVE e agora regresou a Galicia contando historias sen pantalla polo medio, nun espectáculo que adaptará en función dos espectadores.