Jesús Novo, alcalde de O Vicedo: «Este premio é importante; tamén necesitamos a promoción provincial»

y. garcia O VICEDO/LA VOZ

O VICEDO

El visitante número 300.000 fue lucense. En la imagen, Novo (derecha) entregando el diploma del visitante número 300.000 a Fuciño do Porco a un barreirense que llegó con su familia de Monforte.
El visitante número 300.000 fue lucense. En la imagen, Novo (derecha) entregando el diploma del visitante número 300.000 a Fuciño do Porco a un barreirense que llegó con su familia de Monforte. CEDIDA

O rexedor local vicedense suliña o incremento dos visitantes lucenses este verán

27 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Este ano, avanzábamos onte nas mesmas páxinas dedicadas a Lugo Cambia ao Turismo Lucense, en O Vicedo (concello galardoado cun premio) percibiuse un incremento do turismo lucense, circunstancia sobre a que o alcalde José Novo reflexiona así: «Ás veces, pensamos que é mellor promocionarnos fóra da provincia e incluso, fóra da rexión ou da autonomía... Iso está moi ben, falando concretamente de Fitur ou outras promocións (por exemplo, este ano fomos tamén a Expourense). Pero tamén temos que promocionarnos a nivel provincial; podemos pensar que, ao mellor, xa todo o mundo en Lugo nos coñece pero pode non ser así, exactamente. Da Ribeira Sacra ou da cidade de Lugo hai ainda xente que non coñece O Vicedo. De feito, este ano que fixemos o control no Fuciño do Porco, quedei asombrado da cantidade de xente que veu de Lugo... Moitísima! Non sabía que viñan tantos lucenses. Por iso, a ese nivel é tan importante este premio».

—A veces, ocorre que pensamos que sempre hai tempo para visitar recunchos que están máis preto.

—Si, por iso non os apreciamos.

—O Fuciño do Porco, a Romaxe Vikinga e os Mércores de Natureza sumaron puntos para premiar ao Concello do Vicedo.

—Do Fuciño do Porco, máis ou menos, xa temos todo falado. Pero si que temos unha actividade que noutros concellos non fan: son os Mércores de Natureza. A Casa da Cultura organiza rutas en kaiak pola ría, visitas a igrexas que temos boas e antigas no concello, a mámoas... Fanse os mércores no mes de agosto. Tamén o premio veu pola organización da Romaxe Vikinga, que este ano tivemos que suspender polo covid. O premio é un bo galardón. E importante; é unha promoción a nivel interno, a nivel provincial, que tamén necesitamos.

"Este ano que fixemos o control no Fuciño do Porco, quedei asombrado da cantidade de xente que veu de Lugo... Moitísima! Non sabía que viñan tantos lucenses. Por iso, a ese nivel é tan importante este premio"

—O turismo de cercanía colleu pulo debido á situación covid.

—Por suposto! Houbo xente da provincia que non se desprazou fóra dela, pero dentro si.

—Á Mariña tamén veñen o resto de lucenses polas praias. Algúns teñen aí a súa segunda residencia.

—No Vicedo hai xente que ten comprado piso, pero menos que en Foz ou Barreiros. Para min ten unha explicación. Barreiros e Foz quedan uns dez ou quince minutos máis preto de Lugo que O Vicedo. Creo que iso é fundamental. O Vicedo, en canto a praias e demais, non ten nada que envexarlles. Sen embargo, madrileños, quizás, podamos ter máis. Refírome a segunda residencia, non a turismo.

—A actual é unha nova normalidade turística. Están traballando en algo de cara ao verán de 2021?

—A páxina do Fuciño do Porco pagámola nós e xa nos queda para sempre. Aquí sinalizamos todas as praias e fixemos cartelería. Vixiancia non porque nos era imposible; en concellos deste tipo xa gastamos moito diñeiro en contratación de persoal para desinfección. Tiñamos xente nas praias desinfectando zonas comúns como barandillas, baños, duchas, etcétera... Non a que quixeramos, pero si a imprescindible. Tivemos axuda da Xunta, pero a cantidade non alcanzaba, polo que o noso foi un desembolso importante, reforzamos o servizo de limpeza, contratamos persoal para desinfección (ainda seguimos agora con ela) e comprando productos para desinfectar onde soe ir máis a xente como a farmacia, o banco, os contenedores, a Casa do Concello... Fomos dos primeiros que empezamos e dos primeiros en repartir máscaras... Non teñen que ver directamente co turismo, pero si que xeneran confianza e a confianza da xente é importante.

—O Vicedo, por tanto, amósase como un dos destinos ideais para descansar ou veranear para os cidadáns do centro e sur de Lugo sobre todo. Como lles chamaría a atención para que viñeran?

—Simplemente, que vexan algunhas promocións que temos de O Vicedo, tanto en medios de comunicación como na canle de YouTube. Creo que se os ven vailles picar a curiosidade, van vir e dende o momento que veñan para O Vicedo, van traer xente e van quedar convencidos. Diso non me cabe ningunha dúbida. A mellor maneira sempre é velo.

Los premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense se van a entregar este domingo

En esta mañana de domingo tendrá lugar la entrega de los Premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense, coincidiendo además con la celebración del Día Mundial do Turismo. Se trata, cabe recordar, de la primera edición de los galardones que organiza la Deputación Provincial de Lugo. Su estreno, por tanto, con el afán de distinguir trayectorias ejemplares: «Recoñecer públicamente a dedicación de distintas empresas, persoas, institucións ou entidades polos méritos no traballo realizado en prol do desenvolvemento, do fomento e da promoción turística provincial, a traxectoria profesional e a posta en marcha de actuacións innovadoras e exemplares que teñan unha repercusión positiva no ámbito do turismo ou da gastronomía lucense». Está previsto que la convocatoria tenga un carácter anual. Al mismo tiempo se aprovechará para entregar los de ...E para comer, Lugo, que están centrados en la gastronomía lucense. En el primer acto oficial de distinciones de Lugo Cambia ao Turismo Lucense están previstas las presencias del presidente de la Deputación Provincial de Lugo, José Tomé Roca, más la diputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto.

"Recoñecer públicamente a dedicación de distintas empresas, persoas, institucións ou entidades polos méritos no traballo realizado en prol do desenvolvemento, do fomento e da promoción turística provincial"

Además del Concello de O Vicedo, otras entidades que reciben estos primeros premios son la Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel y Fundación Uxío Novoneyra. En lo que respecta a la edición de ...E para comer, Lugo (a la gastronomía lucense) han sido la aplicación Xantarda-Onde queres ir comer hoxe? de Alberto García más el restaurante Cantábrico situado en A Fonsagrada fundado en 1961 y primero en España en ofrecer setas de monte ecológico certificado por el Craega.