Hoxe celébrase o primeiro trail Caolín-Fuciño do Porco

La Voz O VICEDO / LA VOZ

O VICEDO

PEPA LOSADA

19 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Unhas 400 persoas participarán hoxe no primeiro trail Caolín-Fuciño do Porco, en O Vicedo, que terá tres modalidades. Na primeira, o trail corto, de 15 quilómetros, hai inscritos ao redor de 150. Sairá ás 10.30 horas do Fuciño do Porco e rematará no muelle vicedense. No trail largo, que cubrirá unha distancia de 25 quilómetros, hai algo máis de 100. Esa categoría terá a saída (09.50 horas) e a chegada no porto. Finalmente, na andaina, de 15 quilómetros, haberá 139 camiñantes. Partirá ás 09.30 horas do Fuciño do Porco.