Trail por la costa de O Vicedo y O Fuciño do Porco

La Voz O VICEDO / LA VOZ

O VICEDO

XAIME RAMALLAL

01 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Os amantes do trail teñen una próxima cita no Vicedo, o día 19, coa proba que se disputará en tres modalidades: trail curto, de 15 quilómetros; longo, de 25, e andaina popular, de 15. A proba presentouse este martes na Casa da Cultura, nun acto ao no que participaron o alcalde, Jesús Novo Martínez; persoal do Concello, e integrantes de Peña Lar de Viveiro, que colabora na organización do evento.

Por cuestión de seguridade e loxística a participación vaise limitar a 125 persoas por categoría, e a estas alturas, aínda quedan algunhas prazas libres.

Na presentación destacouse como gran atractivo do trail a beleza das paraxes onde van discorrer as distintas probas, pasando por o Fuciño do Porco e as praias de Area Grande, Xilloi, Caolín e Vidreiro. «Coa celebración destas probas preténdese incrementar a oferta deportiva do Concello, que se une a outras actuacións como a adecuación e mantemento das rutas de sendeirismo homologadas e non homologadas actuais no Vicedo (PR-G 156 Costa de O Vicedo, Sendeiro azul Abrela-Punta Socastro, Camiño natural Ruta do Cantábrico e a PR-G 8 Morgallón ? Río Sor ? Morgallón, que non está neste trazado pero que tamén pertence a O Vicedo)», indicaron dende o Concello. E engadiron: «Polo tanto,

a habilitación destas rutas serve non só para acoller a sendeiristas senón para acoller probas como estas, que agradecen moito que haxa rutas xa establecidas que facilitan a creación de trazados deportivos».

A data de celebración do trail, cadrando coa ponte das Letras Galegas, facilitará previsiblemente a participación de atletas de toda Galicia.