O xornalista Eduardo Fernández Galán foi elixido novo presidente do Seminario de Estudos do Valadouro

Lucía Rey
Lucía Rey O VALADOURO / LA VOZ

O VALADOURO

Na foto, de dereita a esquerda: Xesús Pisón, Lionel Rexes, Eduardo Fernández Galán, Marco Candia e Juan Luis Pisón
Na foto, de dereita a esquerda: Xesús Pisón, Lionel Rexes, Eduardo Fernández Galán, Marco Candia e Juan Luis Pisón CEDIDA

Substitúe no posto a Xabier Pardiñas

18 mar 2023 . Actualizado a las 13:39 h.

O xornalista Eduardo Fernández Galán, Lalo, foi elixido novo presidente do Seminario de Estudos do Valadouro (Seva) na asamblea celebrada o pasado 26 de febreiro co obxectivo de cubrir as vacantes deixadas polo anterior presidente, Xabier Pardiñas, e o secretario, Xan Ramón Pérez Blanco. Acompañan a Fernández Galán na nova xunta directiva: Juan Luis Pisón Villapol como secretario, Marco Candiá como tesoureiro, e Lionel Rexes e Xesús Pisón como vogais. 

O Seminario de Estudos do Valadouro (Alfoz e O Valadouro) é unha entidade cultural, científica, divulgativa e de investigación, de carácter civil, sen ánimo de lucro, independente de todo credo relixioso e de toda filiación política, cuxos principais obxectivos son, entre outros, recuperar, promover e divulgar, no seu máis amplo senso, os valores históricos, etnográficos, artísticos, ecolóxicos, económicos, científicos e culturais do territorio do Valadouro (concellos de Alfoz, O Valadouro e outras terras incluídas no Val).