Ó longo do mes de agosto, Materna chegará a diferentes escenarios da comarca mariñana. «Non sabemos como vai reaccionar a xente porque parte do público está acostumado a ver comedia, hai xente relixiosa para a que vai ser duro..., pero non quero facer un teatro de rebaixas porque iso si me parecería miserable», sinala Pisón. Destaca que a Lourenzo e máis a el lles gustaría que a finais de agosto, cando remate a xira «desta fermosa experiencia», os actores, «que nunca cobraron por facer teatro, cobren algo». «O teatro debe ser pagado», conclúe.