Sobre o voto en contra das novas dedicacións do goberno do Valadouro

Josefina Geada

O VALADOURO

06 sep 2021 . Actualizado a las 21:17 h.

Co fin xustificar a miña postura no pasado Pleno do Concello do Valadouro do día 2 de setembro, quero explicar a todos os veciños cales foron os motivos e antecedentes para chegar a esta situación.

Cando o señor alcalde me comunicou que ía intentar negociar de novo co BNG, díxenlle que se eu era o problema que me marchaba antes de negociar nada, porque como non me querían non sería eu un estorbo nas negociacións. El contestoume que de iso nada, que había que aguantar, que tamén el aguantaba moitas cousas e que intentaría buscar unha maneira de negociar con eles.

Chegou a negociación; no mesmo día que tiña programada a firma co BNG presentounos o documento, case a mediodía para firmar ás oito da tarde.