Acto do Seminario de Estudos Valadouro hoxe en Ferreira

María Cuadrado Fernández
M. CUADRADO O VALADOURO / LA VOZ

O VALADOURO

Presentarán o caderno número 11 da colección titulado «Filomena, María, Ana e outras deusas»

03 jul 2021 . Actualizado a las 12:04 h.

A Asociación Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presentará este sábado, día 3 de xullo, o caderno número 11 da colección Cadernos do Seminario de Estudos do Valadouro, titulado «Filomena, María, Ana e outras deusas», obra do escritor local Xesús Pisón.

O acto será ás 19 horas no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lorenzo, en Ferreira, e será presentado por Lionel Rexes, membro da xunta directiva do SEVA.  Haberá tamén actuación musical do Cuarteto Tradicional Illa Pancha, a través do programa Musiqueando 2021 da Deputación Provincial de Lugo.

 O presidente do SEVA, Xabier Pardiñas, indica que «ao longo do ano temos previsto continuar coa difusión das nosas obras», recordando que teñen en preparación «outros tres cadernos de diferente temática».