Curso en Trabada e O Valadouro sobre a xestión das comunidades de montes


O VALADOURO / LA VOZ

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) organiza mañá e o sábado, en O Valadouro e Lourenzá, respectivamente, cursos sobre a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes. A actividade enmárcase no programa formativo que a AFG está a desenvolver este outono por toda Galicia para mellorar o manexo silvícola do monte. O curso no Valadouro será no local social da comunidade de montes de Alaxe, en Tanín, a partir das 16.00 horas, e o de Trabada, o sábado no teleclube de Vilapena, a partir das dez da mañá.

«O obxectivo do curso sobre xestión de xuntas reitoras é revisar os aspectos básicos de cara a mellorar o funcionamento das comunidades. A acción formativa aborda as seguintes cuestións, entre outras: organización e administración da comunidade, lexislación aplicable, planificación da xestións dos recursos do monte e réxime fiscal ó que están sometidas as comunidades de montes», sinala a AFG, que engande: «Ambas actividades permitirán que as persoas asistentes actualicen os seus coñecementos para impulsar unha mellora na xestión forestal e organizativa dos seus montes».

Inscripción previa

A asistencia ós cursos é gratuita, pero é precisa a inscripción previa, a través do correo electrónico afg@asociacionforestal.org ou ben chamando ós números de teléfono 981 564 011, 986 660 864 ou 618 752 214.

A Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) colabora na organización deste programa de cursos formativos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Curso en Trabada e O Valadouro sobre a xestión das comunidades de montes