Novas escavacións descobren un novo túmulo funerario no Valadouro

Realizáronse nos últimos días nas inmediacións do campo de fútbol

l.r.
o valadouro / la voz

As escavacións que nos últimos días se realizaron nas inmediacións do campo de fútbol do Valadouro concluíron na mañá de onte. O seu peche deixa o descubrimento dun túmulo máis, que se suma aos dous descubertos con anterioridade. Trátase dun complexo fúnebre, no que apareceron tamén figuras a modo de homenaxe aos alí soterrados. Existían indicios que levaban a pensar que existía unha tumba máis ao lado das dúas xa coñecidas e, coas escavacións pertinentes, púidose contrastar que así era. Unha vez atopada, o traballo dos investigadores tentou estudar o estado dos restos.

«Aínda hoxe o lugar mantén a súa aura, todos os monumentos prehistóricos rodéanse cun misticismo especial», comenta Iván Álvarez Merayo, un dos expertos que traballaron no túmulo. Segundo conta, sempre se atopan lendas populares arredor dos xacementos, o que potencia moito esa visión deles como lugares máxicos. Moitas veces mesmo seguen a ser empregados cemiterios durante anos ou, cando menos, «mantendo ese nivel de zona sagrada».

Isto non é algo que aconteza só en Galicia, pois ao longo de toda a costa atlántica europea podemos atopar túmulos similares aos do Valadouro. Non quere dicir que a cultura daqueles galegos do neolítico fose a mesma que a que había en Francia ou no Reino Unido, pero «a idénticas necesidades, idénticas solucións». O básico destes xacementos repítese por media Europa, pero sempre hai características especiais que diferenzan os monumentos. E tamén hai distincións entre as tumbas pois, naqueles anos, nos que «xa se podía falar de xerarquías», non todos eran soterrados do mesmo xeito.

Álvarez Merayo insiste en que a arqueoloxía non é só facer unha escavación e descubrir uns restos, debe poñelos en contexto cultural. Segundo di, ten un enfoque social e histórico clave no desenvolvemento das diferentes culturas. «A xente debe saber que vimos de algures», en verbas do investigador.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Novas escavacións descobren un novo túmulo funerario no Valadouro