A Xunta non aproba a modificación urbanística feita no Valadouro para crear o polígono industrial

La Voz O VALADOURO / LA VOZ

O VALADOURO

CEDIDA

«A situación é perfectamente corrixible», sinalan dende o Goberno galego

23 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O servizo provincial de Urbanismo en Lugo informou negativamente a modificación puntual das Normas Subsidiarias Municipais do Valadouro, «pola que se pretendía reclasificar varios terreos para crear un novo parque empresarial neste municipio», din.

A Xunta explica que «non se opón a que O Valadouro poida ter solo industrial e comercial, máis ao contrario, o plan sectorial de ordenación de áreas empresarias de Galicia, elaborado pola administración autonómica no ano 2014, xa reservaba daquela espazo para crear este polígono. O problema está en que o Concello do Valadouro decidiu modificar unilateralmente o emprazamento do futuro parque empresarial para situalo noutro espazo próximo pero diferente, o que contradí a normativa vixente e impide que se poida autorizar un novo parque noutro punto distinto do inicialmente previsto».

«O Concello do Valadouro xa coñecía desde febreiro do ano 2018 que se estaba a producir esta incoherencia. Con todo, a situación é perfectamente corrixible», sinalan.