Maseda: 'A cooperativa de vivendas será boa para os mozos do Valadouro'
O VALADOURO/LA VOZ
O VALADOURO
Saíu ó paso de "afirmacións incertas e mentiras" que lle atribúen outros candidatos
23 may 2019 . Actualizado a las 23:07 h.O alcalde socialista do Valadouro, Edmundo Maseda, saíu ó paso de «afirmacións incertas e mentiras» que lle atribúen outros candidatos. Di que a cooperativa de vivendas que se constrúa será boa para os mozos e mozas do concello, «cunha hipoteca de só 218 euros». Presume de deixar «o concello saneado». Tamén sinala que o centro social está rematado e as obras no cemiterio igual. Mantén unhas duras críticas cara o candidato do PP e lembra que a compra de terreos para o polígono «fíxose con fondos propios», apunta Maseda.