«Volvo á primeira liña porque creo que se pode facer moito polo Valadouro»

María Cuadrado Fernández
M. CUADRADO VIVEIRO / LA VOZ

O VALADOURO

PEPA LOSADA

Fernández reivindica máis servizos para os maiores e a infancia, e unha gran aposta polo sector forestal

25 abr 2019 . Actualizado a las 10:35 h.

María José Fernández Díaz encabeza a candidatura que Udival presentará en maio ás municipais no Valadouro. Desde xeito e «case por casualidade» volvé á primeira liña da política local na que tan activamente participou ata que decidiu coller un descanso por asuntos persoais e familiares. Baixo as siglas de Udival, que cogobernou co PSOE, Fernández concurriu aos comicios do 2011, pero xa non se presentou aos do 2015. Con ela volve Pedro Paz, o número dous na lista.

-¿Que a anima a volver?

-Non me gusta como se están facendo algunhas cousas no Concello e tamén nos quedaran pendentes varios proxectos. Creo que se pode facer moito por O Valadouro. Gustariame retomar o proxecto para conseguir que o Mercado da Primavera sexa declarado festa de interese turístico galego, e creo vital potenciar o sector forestal, que é un dos piares do noso municipio. Tamén é importante apostar polo apícola. Si conseguimos gobernar, ben, e senón, xa advertimos que imos ser unha oposición activa.

-¿Outros proxectos?

-Hai que conseguir máis servizos para fixar poboación. Sigo crendo que é prioritario contar cun centro de día e é importante ter ter servizos para a infancia, para permitir a conciliación.