A choiva acurtou un pouco o calvario de Xesús no Vía Crucis de Santo Tomé

Uns 30 veciños do Valadouro e Alfoz recrearon actuando as últimas horas de Cristo


O Valadouro / La Voz

A choiva obrigou a acurtar un pouco o calvario de Xesús no Vía Crucis de Santo Tomé, que se celebrou nesta parroquia do Valadouro o mércores á tardiña. Ao redor de trinta veciños do Valadouro e de Alfoz participaron como actores recreando as últimas horas de vida de Cristo no entorno da igrexa parroquial. «Houbo bastante xente. De feito, nas estacións finais, que se celebraron dentro, a igrexa estaba chea», resaltou José Vázquez Peinó, que interveu neste Vía Crucis vivinte interpretando o papel de Poncio Pilato. A cita relixiosa, que leva celebrándose máis de dúas décadas de maneira ininterrompida, foi organizada polas monxas que residen en Alaxe, na antiga Escola Fogar, e o colectivo Xuventude en Marcha.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A choiva acurtou un pouco o calvario de Xesús no Vía Crucis de Santo Tomé