Charlas e debates sobre dereito sanitario e testamento vital no Valadouro e Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

O VALADOURO

15 ene 2019 . Actualizado a las 21:34 h.

Este sábado ás 12 na Casa da Cultura do Valadouro terá lugar unha charla-coloquio sobre os Dereitos Sanitarios e o Testamento Vital. Intervirán Carmen Fernández (médica de Dereito a Morrer Dignamente Galicia), e Ascensión Cambróne (presidenta de Dereito a Morrer Dignamente Galicia). A mesma charla terá lugar o sábado ás 7 en Ribadeo (Casa das Letras).