Agradecen a colaboración na homenaxe a Cándido Carreiras, alcalde de Mondoñedo na II República

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

Momento da homenaxe a Cándido Carreiras Domenech, que foi o primeiro alcalde de Mondoñedo da II República
Momento da homenaxe a Cándido Carreiras Domenech, que foi o primeiro alcalde de Mondoñedo da II República CEDIDA

Durante a cita foi inaugurado un monumento funerario instalado no Cemiterio Vello, obra de Caxigueiro

18 abr 2023 . Actualizado a las 17:18 h.

Memoria da Mariña, xunto cos veciños que formaron parte da organización da homenaxe a Cándido Carreiras Domenech, fan público o seu agradecemento a todas as persoas que fixeron posible o que definen como «éxito do vento». Os actos en homenaxe a Carreiras, que foi o primeiro alcalde de Mondoñedo da II República, desenvolvéronse en dúas partes. A primeira consistiu nunha sesión divulgativa sobre o tempo histórico e a vida e obra do homenaxeado, unha parte moderada por Xusto Fernández Haro. En primeiro lugar interveu o profesor da USC e historiador Xosé Ramón Veiga Alonso, natural de Foz. A continuación, o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, deu a coñecer unha cronobiografía do homenaxeado. Máis tarde procedeuse á inauguración dun monumento funerario instalado no cemiterio vello, a carón da tumba de Leiras Pulpeiro, e obra de Daniel Río, Caxigueiro. Sobre o traballo pode lerse o epígrafe: «Leiriñas, Leiriñas! Chegou a República». Ademais interpretouse o Himno de Riego, himno oficial da II República.

Tal e como se anunciou, o monumento foi sufragado mediante a convocatoria dunha subscrición que tivo «unha excelente resposta popular».