Pastas e técnicas singulares
Os membros de Canaveira falarán das peculiaridades da cerámica da provincia lucense. Por un lado, das pastas, moi diferentes ás aragonesas: «En Galicia temos pastas silíceas, derivadas da descomposición de pedras de pizarra e granito, de aí que tamén haxa máis dificultade para aplicar os esmaltes e que centros de olería coma o de Gundivós, en lugar de vidrar, botaran pez. Non ocorre iso coas cerámicas de Aragón, feitas de pastas calcarias», continúa Fernández.
Tamén falarán das técnicas, dos fornos, dos usos... e da historia: «As últimas investigacións revelaron que unha das principais actividades económicas de Lucus Augusti era a alfarería; de feito, apareceron moitos fornos datadas entre os séculos I e V. A cidade era un dos principais provedores de ‘engrobes rojos’, que chegaban ata o País Vasco», sinala. Ademais, comentarán a influencia que tiveron outras olerías, como puideron ser nos séculos XVII e XVIII as de León, Castela ou Portugal.