Mondoñedo lembrará a Cunqueiro no 40 cabodano do seu pasamento

Os actos terán lugar este domingo, día 28, na cidade episcopal

Una estancia de la Casa Museo Álvaro Cunqueiro, en la Praza da Catedral mindoniense
Una estancia de la Casa Museo Álvaro Cunqueiro, en la Praza da Catedral mindoniense

MONDOÑEDO / LA VOZ

Mondoñedo acollerá unha homenaxe en lembranza do escritor Álvaro Cunqueiro coincidindo co corenta cabodano do seu pasamento. Será mañá, día 28. O Concello organiza varios actos que comezarán cunha ofrenda floral ante a súa tumba, no Cemiterio Vello. Ás 11 horas terá lugar a recepción de autoridades por parte do alcalde, Manuel Ángel Otero, e tamén se colocará unha rosa ante a tumba de Leiras Pulpeiro. Xa no auditorio Pascual Veiga, ás 11.45 horas, será o acto de nomeamento de Cunqueiriana de Honra da profesora da Universidade de Vigo, Rexina Rodríguez Vega. Trala súa intervención, tomarán a palabra Armando Requeixo, coordinador de Actividades e Publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, e Alberto García Fernández, concelleiro de Cultura.

Ás 12.30 horas empezará o maratón de lectura pública da obra de Cunqueiro El año del cometa. Ás 13.00 horas terá lugar a presentación de Arqueoloxía cunqueiriana, volume da Colección Selva de Esmelle e intervirán César Cunqueiro González?Seco , escritor e fillo de Álvaro Cunqueiro; o profesor Felipe Debasa Navalpotro, da Universidad Rey Juan Carlos de Madrid; Armando Requeixo e Abel Vigo García, autor da obra e arqueólogo do Concello de Mondoñedo. Está previsto que acudan ao acto o rexedor; Elena Candia López, primeira tenente de alcalde e deputada autonómica; Alberto García; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno; Mayra García, deputada provincial; Rexina Rodríguez Vega; Armando Requeixo Cuba, César Cunqueiro González-Seco, Felipe Debasa Navalpotro, Abel Vigo García e outros representantes da corporación local.

Desde o Concello mindoniense lembran que os actos son públicos e que se celebrarán baixo as medidas sanitarias polo covid-19 e con control de aforo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Mondoñedo lembrará a Cunqueiro no 40 cabodano do seu pasamento