A Xunta dotará de sala de fisioterapia ó centro de saúde de Mondoñedo

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

Así llo anunciou o conselleiro Julio García Comesaña á tenente de alcalde, Elena Candia

30 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A tenente de alcalde de Mondoñedo, Elena Candia, anuncia que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmoulle que a Xunta adxudicou o día 18 o contrato do proxecto de obra para facer unha sala de fisioterapia no centro de saúde mindoniense.

«A obra consistirá na instalación dunha sala de exercicios con tres boxes de tratamentos para electroterapia, microondas e ondas de choque, e o resto da sala para a localización de dúas padiolas de tratamentos, dous ergonómetros, unha mesa de mans, unhas espalderas de 1 metro, paralelas, escaleira con rampla e resto de material, así como dous aseos adaptados con vestiario con 6 cabinas cada un», dixo Elena Candia.

O proxecto deberá entregarse en xaneiro, para ser licitado pola Xunta por 50.000 euros.