O Concello de Mondoñedo abre un prazo de 10 días para alegar á reforma da praza da catedral


mondoñedo / la voz

O Concello de Mondoñedo, segundo informa o goberno municipal, abre un prazo de 10 días para que quen o considere oportuno poida presentar alegacións e suxestións ao proceso de reforma da praza da catedral.

O concello xa solicitou a mediados do pasado mes de xaneiro suxestións de todos os grupos políticos «debido á transcendencia que este espazo público ten na vida cultural e económica da veciñanza».

O goberno mindoniense agradece as aportacións que se presenten, «porque é unha forma de participación cidadá, que é un dos baluartes da nosa política. As obras humanizarán e mellorarán a imaxe dunha das prazas máis emblemáticas de Mondoñedo e da Mariña. O orzamento é de 258.739 euros, dos que Transportes aporta, a cargo do 1% cultural, 194.054 euros, e o resto o cubre o propio concello», explican.

Lembran desde o concello que o acceso ao proxecto pódese facer en soporte dixital na dirección electrónica http//www.concellomondonedo.es e en soporte físico nas oficinas municipais en horario de atención ao público.

Dez días é o prazo marcado, por tanto, para enviar alegacións ou suxestións.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Concello de Mondoñedo abre un prazo de 10 días para alegar á reforma da praza da catedral