Mondoñedo celebrará este sábado «A noite romántica», con música e teatro

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

Es una de las muchas medidas previstas en el centro, que empezará el 23

17 sep 2020 . Actualizado a las 21:30 h.

 Mondoñedo celebrará este sábado «A noite romántica», una iniciativa de la asociación Los Pueblos más bonitos de España, de la que forma parte. «É unha iniciativa que pretende seducir a potenciais visitantes para que coñezan e gocen os pobos con encanto que integran esta rede, conformada por 94 pequenas vilas e cidades con patrimonio cultural e natural destacable, como é o caso de Mondoñedo», señalan.

«Este ano, o evento que normalmente tiña lugar en xuño, celébrase en setembro e terá un carácter máis íntimo. O obxectivo -explican- é que parellas de namorados escollan os nosos pobos para pasar unha fin de semana romántica, pernoitando nos nosos aloxamentos, probando as nosas tapas, gozando dos nosos restaurantes e levando a casa produtos locais».

«Neste contexto haberá menús románticos en dous restaurantes de Mondoñedo: Restaurante Montero e Vinoteca O Petisco; aperitivos e tapas especiais nalgúns dos nosos bares (O Porriño ? O Rincón de Mondoñedo); produtos pasteleiros: “as rosquillas do amor” con receita do chef Juan Pozuelo (Val de Brea); e aloxamentos con obsequios e tarifas especiais (Montero, Camino de Estrellas). Outros alicientes para gozar en Mondoñedo desa tarde / noite, serán a obra de teatro a cargo de Hilo Producciones que presentará ás 20 horas na Praza da Catedral a obra “Tal vez soñar”, e ás 22 horas no contexto do ciclo “Sons da Paula”, a Praza do Concello acollerá o concerto de Dani&Silvia que presentan, “A Paula canta a México”», apuntan desde la Oficina Municipal de Turismo de Mondoñedo.