Propoñen ao Concello de Mondoñedo a creación do Espeleoparque da Mariña

firma MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

Manuel Otero, Francisco Martínez e Elena Candia, reunidos en Mondoñedo.
Manuel Otero, Francisco Martínez e Elena Candia, reunidos en Mondoñedo. CEDIDA

No que vai de agosto a Cova do Rei Cintolo recibiu 572 visitas

27 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Federación Galega de Espeleoloxía propuxo este mércores ao Concello de Mondoñedo a creación do Espeleoparque da Mariña, unha iniciativa da que formarían parte, entre outros recursos naturais, o karst puro da Cova do Rei Cintolo, o karst granítico da zona do río Tronceda, furnas mariñas en distintos municipios lucenses, minas e o Centro de Interpretación da Prehistoria do Vilar. Así llo expuxo onte o presidente da federación, Francisco Martínez García, ao alcalde mindoniense, Manuel Otero, e á concelleira de Cultura, Elena Candia, nunha reunión celebrada en Mondoñedo.

Nese encontro, o Goberno local expresou o seu respaldo á iniciativa e comprometeuse a traballar para apoiala.

572 no que vai de agosto

No que vai de mes de agosto, a Cova do Rei Cintolo recibiu 572 visitas e tanto o Concello como a federación, que se encarga das visitas guiadas desde o 2016 a través dun convenio, fan un balance moi positivo. Na reunión de onte, os participantes tamén recordaron que se fixo unha análise de superficies na cova para detectar a posible presenza de covid-19 e deron negativo.

Na Cova do Rei Cintolo haberá en breve una nova ruta para visita guiada, máis deportiva e só aberta a persoas maiores de 18 anos. Desde o Concello de Mondoñedo e a Federación Galega de Espeleoloxía subliñaron que todas as iniciativas se enmarcan nas normas e recomendacións sobre sostenibilidade turística en destinos. Nesta liña, o Concello de Mondoñedo subliñou nun comunicado que elaborou varias propostas para o plan de sostenibilidade que a Mancomunidade de Municipios da Mariña remitirá ao Ministerio de Industria, Comercio y Turismo.

Texto