Rehabilitan dúas vivendas en ruína no casco de Mondoñedo

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

CEDIDA

Os edificios número 13 e 15 da rúa Bispo Sarmiento

06 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Os edificios número 13 e 15 da rúa Bispo Sarmiento de Mondoñedo, en ruína, van ser rehabilitados. Onte técnicos de turismo visitaron Mondoñedo para asesorar ao novo propietario dos citados edificios da rúa Bispo Sarmiento. O goberno municipal de

Mondoñedo destaca que a posta en marcha desta iniciativa «é positiva desde distintos puntos de vista. Un deles, porque os inmobles en mal estado, como é o

caso destes, son un perigo potencial para a seguridade das persoas. É importante igualmente porque os edificios moi deteriorados afean a paisaxe urbana e non axudan para nada, antes ao contrario, a potenciar a imaxe da cidade. É tamén é moi importante porque é unha demostración máis de que investir en Mondoñedo é interesante».

O Concello de Mondoñedo difunde os atractivos de todo tipo, tamén urbanístico e cultural, no documento informativo « Mondoñedo, un municipio para invertir».