«Nun Estado moderno o máis importante é que teña un estado de dereito, de respecto ás leis»

María Cuadrado Fernández
MARÍA CUADRADO MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

Carlos Castro

O maxistrado José Antonio Vázquez Taín falará hoxe sobre soberanía, democracia e dereito a decidir na Xornada Xurídica "Cidade de Mondoñedo"

14 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O maxistrado José Antonio Vázquez Taín será hoxe, venres 14, o ponente invitado na terceira edición da Xornada Xurídica Cidade de Mondoñedo, organizada polo Colexio de Avogados de Lugo, en colaboración co Concello e impulsada polos abogados mindonienses Jairo Cabado e Adrián González-Seco. Aberta a todo o público, o auditorio de Mondoñedo acollerá ás 19.30 horas a intervención na que o xuíz disertará sobre os conceptos xurídicos de soberanía, democracia ou dereito a decidir en relación coa situación de Cataluña. «Quero facer unha introdución e deixar moito tempo para debate, para que a xente poda preguntar libremente, debatir e rebater conceptos», avanza o maxistrado.

-Podía adiantarnos como vai enfocar a conferencia?

-Hai uns meses saquei un libro -Pulso al Estado- no que analizo unha serie de cuestións. Eu tiña pensado ao principio facer un libro sobre o xuízo (procés), pero logo dinme conta de que había que explicar todo o que rodeou o xuízo, aclarar que pasou para chegar a ter ese xuízo [..] Quería aclarar que nos están enganando a todos. Conceptos como os de nación, nacionalidade, Estado, dereito a decidir, soberanía... son conceptos xurídicos que en calquera país do mundo son pacíficos, non se discuten, moi debatidos e xa están moi, moi aclarados [..] Quero explicar que na definición xurídica todos estes termos desde un concepto xurídico son pacíficos e no debate diario político se nos están cuestionando para levarnos a crear un conflito que realmente non existe. É como si discutiramos a propiedade [..]

-Que opinión lle merece que este asunto se xudicializara ata chegar a este extremo?

-O estado democrático e os conceptos democráticos de todos os grandes organismos, tanto as Nacións Unidas, como o Tribunal de Canadá, como o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, nos din que todo esto está superado. Nun Estado moderno o menos importante son as urnas, o máis importante é que teña un estado de dereito, de respecto ás leis, que os cidadáns teñan acceso a unha información clara e non manipulada, o respecto pola pluralidade de ideas e ás minorías... que esto sexa a base do Estado. E cando os primeiros en respectar as leis son os dirixentes políticos é cando se poden poñer as normas, porque é cando se vota en liberdade. Cando os propios políticos non cren nas leis, non as respectan, non as obedecen... as urnas simplemente son unha escusa para manipular ao pobo porque todos os dictadores usan a vontade popular como un xeito de lexitimación [..] E iso é o que está pasando en España. Estamos nunha sociedade que difire moi pouco dunha dictadura [..] Se as leis as fan vostedes, como poden dicir que vostedes mesmos non respectan as regras que vostedes dan? [..] Este Goberno que agora temos que din que son progresistas, nos din ‘eu non quero respectar esas regras de xogo’. É bastante, bastante triste. E por iso temos que chegar a momentos nos que os tribunais, que normalmente entramos en circunstancias moi moi excepcionais, temos que entrar.

«A política neste país, nos guste ou non, é como o fútbol»

-Como valora a afección destes asuntos no día a día da cidadanía, na convivencia?

-A política neste país, nos guste ou non, é como o fútbol. A xente non é crítica da súa opinión política [..] O que te das conta é que se sabe xogar moi ben con conceptos e por iso aquí, neste pais, se presentou desde Zapatero esta loita de frontes [..] O público, manipulado polos medios, non ten unha cultura política libre [..] Os políticos saben moi ben que si son capaces de manipular a opinión pública poden facer calquera cousa e a xente lles vai seguir votando.

-Está presentando o seu ensaio «Pulso al Estado» por diferentes cidades. Que acollida está tendo?

-Estoume sorprendendo. Cando saiu o libro, saíron moitos sobre o mesmo tema, pero a xente, pouco a pouco, descobre que este libro non é só sobre o xuízo senón sobre todo o que o rodea [..] A semana que vén marcho a Burgos a presentalo e hai unhas semanas estiven en Zaragoza ante un auditorio totalmente abarrotado [..] A xente entende cando lle explicas cousas con sinxeleza, como que a soberanía reside no pobo. Si soamente hai un pobo, non hai máis soberanía. Si só hai un Estado, non hai máis soberanía. Todos estes conceptos a xente enténdeos [..] Pasados os meses vexo que a xente distingue os libros que só falan do xuízo dos que falan dalgo máis. Creo que desgraciadamente está máis de actualidade porque nos atopamos cunha situación na que os partidos independentistas son os que dirixen este país.