Últimas prazas para apuntarse ao quinto Coworking da Mariña

A presentación está programada para o día 15


mondoñedo / la voz

O Centro Comarcal Santo Tomé de Mondoñedo acollerá este vindeiro mércores, 15 de xaneiro, ás 7 da tarde a presentación da quinta edición do Coworking da Mariña lucense, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escala de Organización Industria (EOI) coa colaboración do Concello de Mondoñedo, como socio local. As últimas prazas estarán dispoñibles ata o 31 de xaneiro.

Este programa vén formando a emprendedores da Mariña Lucense xa desde 2016, o que amosa a súa boa acollida no territorio. Durante estes anos, os proxectos seleccionados recibiron orientación personalizada para poñer en marcha os seus plans de negocio optando por ámbitos de actividade tan diversos como a gandería, a agroalimentación sostible, o deseño téxtil, o turismo activo e a transformación e xeración industrial de produtos básicos, todos eles a partir do aproveitamento e valorización dos recursos do territorio; os servizos tecnolóxicos para a oferta de solucións eficientes e sostibles en sectores diferentes; a saúde, o benestar e o desenvolvemento social e cultural. O coworking mindoniense apoiou un total de 62 plans de emprendemento.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Últimas prazas para apuntarse ao quinto Coworking da Mariña