A real colineta


Na cociña non poñía man, como non fora pra facer a colineta os días de festa». Así fala Álvaro Cunqueiro de dona Xenebra, a raíña de Camelot que no Merlín e familia pasa o tempo, entristecida, nas terras de Miranda. A colineta foi sobremesa de respeto na Mariña enteira e dóce moi apreciado polo mindoniense... e por unha lexión máis de adoradores deste biscoito de améndoas que hoxe quedou relegado para moitos á categoría de lembranza e para outros á de mito. Conta Cunqueiro nun artigo de 1954 dun canónigo de Mondoñedo que lle pregunta que prefire que lle ofrezan de sobremesa se van convidado: colineta ou requeixo?. E o escritor resposta no seu artigo que non hai dilema, e menos para un apetito xeneroso porque, se vai convidado, hanlle de ofrecer dos dous. Noutro artigo, dous anos despois, escribe sobre o banquete de festa pola Asunción da Virxe, banquete ao xeito daquela época, dos que empezaban ás dúas da tarde ata que ás sete da alguén partía a colineta, que fora precedida das papas de arroz, o requeixo e a torta de Mondoñedo.

Por esa época, no Valadouro e terras limítrofes triúnfaban as colinetas da Pisona, Aurora de Pisón, á que sucedería na arte de repostería Pepita, de novo A Pisona. Digo eu que ás dúas había darlles gusto ver coma hoxe, neste ano 2019, a colineta, seguindo a súa receita, está presente na carta do Hostal dos Reis Católicos e se pode degustar no mesmo Comedor dos Reis. Xa dixen ao comezo, seguindo a Cunqueiro, que a colineta é cousa real. E alimento de deuses, engado.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A real colineta