«Coworking» para emprendedores en Mondoñedo


mondoñedo / la voz

Mondoñedo acolle a quinta convocatoria do Espazo Coworking Mariña dirixido a emprendedores cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente ?con menos de 6 meses-. A convocatoria do que se desenvolverá entre xaneiro e xullo do 2020 permanecerá aberta ata cubrir as 22 prazas dispoñibles para os emprendedores.

A rexedora local, Elena Candia, explicaba que «este espazo ofrece distintos tipos de actividades de formación e asesoramento personalizado para o desenvolvemento dos seus proxectos empresariais, tales como talleres, sesións de formación global ou mentorización, entre outros eventos de acceso libre para outros emprendedores, empresarios ou persoas interesadas».

Os talleres ofrecen axuda aos emprendedores para validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así coma ao desenvolvemento das habilidades imprescindibles para poñelo en marcha: «Evaluación e validación do teu plan de negocio; Crowfunding, Estratexias de comunicación en redes sociais, Creatividade e innovación, Como poñer en marcha un Plan de marketing dixital, etc. Estes talleres son abertos ao público e de asistencia obrigatoria para os participantes do coworking».

Os participantes do coworking terán tamén acceso a sesións de mentorización por parte de expertos centradas en acompañar aos emprendedores dende o deseño de modelo de negocio á súa posta en marcha e optimización.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Coworking» para emprendedores en Mondoñedo