Polémica tras la decisión de Xabier Díaz de no tocar en As San Lucas

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

MONICA IRAGO

Denuncia la falta de profesionalidad en las pruebas de sonido y un ataque a la dignidad de As Adufeiras y a la música tradicional de Galicia

20 oct 2019 . Actualizado a las 18:22 h.

Xabier Díaz divulgó este domingo un comunicado a través de su cuenta de Facebook en el que explica los motivos por los que decidió no tocar en As San Lucas, el sábado en el festival Intercéltico. Se debió a lo que consideró una falta de respeto, al sentirse ninguneados cuando debían hacer las pruebas de sonido . "A DIGNIDADE das Adufeiras e do meu equipo era a dignidade do colectivo do que formamos parte. A música tradicional deste país NON é menos que ningunha outra, non estamos para decorar, non somos entrantes nin postres, tomei a decisión por todas, mañá volvería a tomala", señala. Por su parte, desde la organización de As San Lucas expresaron su disgusto por no haber podido disfrutar de su actuación sin entrar en otras valoraciones.

Este es el contenido completo de la nota divulgada por Xabier Díaz:

"Quero comezar pedindo desculpas a toda a xente que onte agardaba, entre outros, polo noso concerto en Mondoñedo, moitas delas, familias desprazadas dende localidades lonxanas nun día de meteoroloxía adversa.

Foi unha das decisións máis difíciles que tiven que tomar en case trinta anos de carreira. O disgusto dura hoxe e, como digo, dóeme especialmente polos pícaros e a xente que onte ía coa idea de disfrutar do festival no que tamén participabamos, compartindo cartaz con dúas bandas que teñen todo o meu respecto e admiración.

Estou en débeda coas mindonienses e visitantes que

onte fixeran o esforzo.

Relato do acontecido;

Coma sempre e coa puntualidade que adoitamos, presentámonos no lugar do concerto media hora antes da nosa proba de son, exáctamente ás 18,00hs.

Despois de varios cambios de horario pola semana o noso concerto fixouse ás 20,15hs.

Horarios de proba.

Gwendal…………………….… 16,30h

Lunasa………………….……… 17,30h

Xabier & Adufeiras ………...18,30h

Horarios de Concerto

Xabier Díaz & Adufeiras ……20,15hs

Lúnasa……………………...………22,00hs

Gwendal……………………..……..23,40hs

Á miña chegada ao recinto a organización pídeme 15 minutos porque todo vai con retraso, accedo por suposto, vou á casa museo de D.Álvaro Cunqueiro a tomar un café e facer unha visita á mesma.

Pasan 15 e outros 15, chega a responsable da miña banda e o director técnico para pedirme 15 minutos máis (xa van aló 45mints). Son as 19,00hs e o noso concerto é ás 20,15hs. Mentres unha das bandas continúa probando, accedo a adiar 15 minutos máis pero advirto que ás 19,15hs estarei na escaleira do escenario. Así e todo, só teríamos 20 minutos para limpar a montaxe dos anteriores e montar a nosa, e menos de 30 minutos para chequear son , que neste caso son 28 liñas, algo habitualmente nos leva 90 mints. Por suposto, xa prescindiríamos do tempo necesario para vestirnos e preparanos para o concerto, xa que ao remate da proba, o público estaría na praza e teríamos que empezar a tocar.

Cando subo ao escenario e lle mostro o teléfono ao responsable técnico e ao organizador son as 19:17. Unha banda segue probando e ningún dos dous se atreve a dicirlle á persoa que está na mesa de son que ten que cortar e deixar paso á banda que aínda non probara , malia levar agardando case unha hora. Ante tal falta de respecto e profesionalidade pídolle á miña xente que recolla. Nese primeiro momento pensei neles e sobre todo na carraxe que me producía ver un ataque á dignidade das que facemos música tradicional, as das pandeiretas… xa sabedes.

Non eximo a organización nin o director técnico da súa responsabilidade de esixirlle a devandita persoa que estaba ao mando da mesa de son que cesara a súa proba. Considero que é deles toda a responsabilidade, pero xa que eles non o fixeron eu si lle quero dedicar unhas palabras.

Malia ser o responsable das bandas coas que compartíamos cartaz e o técnico das mesmas, lonxe de vir pedir o favor de modificarmos horarios ou algo similar, recibe o meu técnico de son cun desafortunado “tu eres el técnico del otro grupo?” “prepárate a esperar”.

Todas as compañeiras de profesión, equipos, rexedoras de escenario etc … saben do meu escrupuloso respecto polo seu traballo, polo cumprimento dos seus horarios e polo trato que procuro sexa sempre o máis correcto. E ao longo de maís de 40 concertos só neste ano asegúrovos que son moitas as empresas coas que traballamos, moitas.

Nas producións sobra testosterona e falta de respecto polo traballo das mulleres, iso véñoo advertindo dende hai moito tempo, nada distinto que no resto das actividades profesionais en xeral, por desgraza.

Remítome aos feitos, a persoa que estaba na mesa de son non respecta as advertencias da miña compañeira e road manager. Por certo, unha persoa bregada neste tipo de producións e organizador e coorganizador de máis dun dos festivais nos que teño participado. Recordo perfectamente como nesas ocasións e, en aras ao cumprimento dos horarios das probas de son, si esixía o abandono inmediato do palco 2 minutos antes de rematar a proba. Tamén recordo que o facía con pouco respeto e con modos máis propios do asoballamento que da educacións que se lle presupón a alguén cun posto de responsabilidade.

Onte a DIGNIDADE das Adufeiras e do meu equipo era a dignidade do colectivo do que formamos parte. A música tradicional deste país NON é menos que ningunha outra, non estamos para decorar, non somos entrantes nin postres, tomei a decisión por todas, mañá volvería a tomala.

(A asociación organizadora xa sabe da miña/nosa disposición a regresar e facer un concerto, resta poñer data, alí estaremos)".