José Tomé visitou onte Ribadeo, Barreiros, Viveiro e Mondoñedo

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

MONDOÑEDO

C.

A Deputación provincial inviste na Mariña máis de 370.000 euros

18 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, visitou este xoves os concellos de Ribadeo, Barreiros, Viveiro e Mondoñedo para coñecer de primeira man e supervisar investimentos que o organismo provincial está a realizar na Mariña por un importe superior aos 370.000 euros. Tomé tamén aproveita a viaxe para reunirse cos alcaldes e alcaldesas destes concellos co fin de analizar a situación dos proxectos, en Ribadeo, por exemplo, o estadio Pepe Barrera. Tamén supervisou obras en Barreiros e Viveiro. En Mondoñedo asistiu ao pregón das San Lucas.