Torneo de basket «Mondoñedo no Camiño Norte»


mondoñedo / la voz

No Concello de Mondoñedo fíxose onte a presentación do primeiro torneo de baloncesto de pretempada «Mondoñedo no Camiño Norte», de categoría cadete e infantil feminina.

Á presentación acudiron Elena Candia, alcaldesa do Concello de Mondoñedo; Manuel Tapia concelleiro de Deportes, e David Martínez representando ó Ensino Lugo, clube que promove este torneo.

Participan neste torneo os equipos do Café Candelas Ensino, C.B Burela, E.D. lourenzá, C.B. Arteixo, C.B Culleredo, C.B. Allariz e Real Grupo de Cultura Covadonga. O torneo está organizado, como sinalamos anteriormente, polo Clube feminino Ensino Lugo e o propio concello de Mondoñedo coa colaboración do Real Seminario Santa Catalina de Mondoñedo e de varias empresas locais.

Os encontros comenzarán este sábado pola mañá e rematarán o domingo ó mediodía. O obxectivo deste torneo de pretempada é a convivencia de rapazas da mesma idade antes de que comecen as súas respectivas ligas, mesturando deporte e ocio e convivencia no marco de Mondoñedo e do Real Seminario. Ademais de que lle darán ambiente á cidade durante toda a fin de semana, algo que vén procurando o concello con diferentes actividades, mesmo con desfiles de Entroido agora no outono, en colaboración coa hostelería.

Carreira o domingo

E o domingo pola mañá celebrarase na cidade episcopal unha carreira, xestionada e organizada por Championchip. Terá varias modalidades por categorías.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Torneo de basket «Mondoñedo no Camiño Norte»