Mondoñedo perde a Alicia Tella-Villamarín, a histórica bibliotecaria da cidade

Coa súa morte desaparece unha parte esencial do literario universo do xenial Álvaro Cunqueiro


MONDOÑEDO / LA VOZ

Ben sei que, nestes casos, sempre se di o mesmo, pero si se di é porque é verdade: parece mentira. Pero, por desgraza, é certo: acaba de morrer Alicia, Alicita. Alicia Tella-Villamarín. E a min, que a quería moito, como a quería moito tanta e tanta xente, danme ganas de chorar.

Porque con Alicia morre todo un mundo, un mundo enteiro: un dos moitos mundos que conforman ese infinito universo que se chama Mondoñedo.

Como vostedes saben, Alicia foi a histórica bibliotecaria da cidade episcopal. Pero era, sobre todo, a memoria viva do universo mindoniense de Cunqueiro. Alicia, esposa do escultor Puchades (do autor da estatua de don Àlvaro, precisamente), foi unha persoa especialmente querida polo autor de «Merlín e família», que a consideraba unha verdadeira sobriña súa.

«Daba o que non tiña», dicía Alicita de Don Álvaro, recordando que, por riba de calquera outra cousa, era un home dunha xenerosidade inmensa. E para Carmiña, para a irmá do escritor, Alícia era a filla que non tivo.

Moito se querían, unha e máis a outra. Pecho os ollos, e véxoas ás dúas, detrás dos cristais da casa de Carmiña, contemplando en silencio, a través dos vidros, un pouco empañados (outra néboa máis) da ventá pechada, a catedral. A última vez que estiven con Alícia contoume que o paraguas que Cunqueiro lle mercou un día en Lugo foi o primeiro paraguas plegable que houbo en Mondoñedo.

En fin...! Non recordo se era un paraguas colorado ou se era verde. Agora todos eles están con Deus Noso Señor. Desculpem que me emocione tan fácilmente.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
11 votos
Tags
Comentarios

Mondoñedo perde a Alicia Tella-Villamarín, a histórica bibliotecaria da cidade