«O enlace polo rito mozárabe é moi bonito; quixemos facer algo diferente»

y. g. MONDOÑEDO/LA VOZ

MONDOÑEDO

XAIME RAMALLAL

Samuel Robles de Mondoñedo y Sara Ramírez de Perú celebraron en la ciudad episcopal un enlace al estilo medieval

12 ago 2019 . Actualizado a las 07:57 h.

Samuel Robles (Mondoñedo, 37 anos) e Sara Ramírez (Lima-Perú, 37 anos) viven en Madrid pero achegáronse ao Mercado Medieval de Mondoñedo onde onte celebraron voda polo rito mozárabe. 

-Como xurdiu a idea, Samuel?

-Eu son membro da Asociación O Pasatempo, que organiza dende hai anos a voda medieval. Teño parella de hai anos e sempre tiñamos ganas de facela. E pensamos... «se o ano que vén non hai noivos que a faigan, casamos!»

-Houbo nervios no enlace?

-Estabamos en confianza, tranquilos e sen nervios. Foi algo peculiar, pero tamén divertido. É unha voda moi bonita; quixemos facer algo diferente. E gustounos.

-Ten algún tipo de validez?

-Ten a validez que lle queira un dar. A nós déronnos un álbum co escudo medieval firmado por todos os testigos e co que dixeron.

-Casarán no futuro polo cristiá?

-Pode que si. Isto sempre o tomas como unha especie de ensaio. Un amigo casou polo rito medieval e logo polo cristiá.