Mondoñedo vén de convocar o concurso de decoración
de balcóns e fachadas


mondoñedo/la voz

O goberno local do Concello de Mondoñedo vén de convocar o IV Concurso de decoración de balcóns e fachadas da cidade, baixo o nome, «Florea o teu balcón». A novidade na edición deste ano é unha categoría só para o rural, con dous premios e outra para o casco urbano, baixo a que se concederán catro premios, tal como explican desde o concello.

O goberno local vén de facer públicas as bases nas que indica que con esta iniciativa pretende poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade. O concelleiro de Educación, Cultura e Novas Tecnoloxías, Alberto García, explica que «grazas a este tipo de iniciativas, xunto a outras moitas, Mondoñedo resultou gañadora do Premio Parabéns desta edición, concedido pola Xunta». Precisa que se trata dun concurso no que pode participar todo aquel que queira valorizar todo tipo de espazos, non só os nosos fermosos balcóns e ventás, senón tamén un pequeno muro que poida incorporar macetas ou xardíns verticais.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Mondoñedo vén de convocar o concurso de decoración
de balcóns e fachadas