Festival MindoMúsica en Mondoñedo


O Concello de Mondoñedo apoia o Festival MindoMúsica que achegará música de cámara á cidade entre os vindeiros 9 e 12 de xullo da man da violinista mindoniense Rebeca Maseda, pregoeira das últimas festas das Quendas, que estará acompañada doutros cinco músicos: Antonio Viñuales (violín), Alberto Rodríguez (viola), Iván Siso (violoncello), Yolanda Fernández (clarinete) e Rosalía Gómez (piano).

Esta iniciativa que pretende revalorizar aos grandes compositores mindonienses coma Pascual Veiga ou José Pacheco a través do estudo, interpretación e adaptación da súa música contará con dúas partes diferenciadas. Por unha banda, entre o martes 9 e o mércores 10 desenvolveranse unha serie de coloquios, clases interactivas e ensaios abertos aos máis pequenos no marco da programación de campamentos de verán da Escola Municipal de Música. E por outro lado, o xoves 11 e o venres 12 desenvolveranse os ensaios xerais e dous concertos.

Concertos

Os concertos terán lugar en dous escenarios: a catedral de Mondoñedo e o auditorio municipal Pascual Veiga, respectivamente. En calquera dos casos, darán comezo ás oito e media do serán e a entrada será de balde ata completar aforo. O primeiro, denominado ‘Unha viaxe de ida e volta’, desenvolverase na catedral e contará con música de W.A. Mozart, A. Webern, J. Turina e obras conservadas no Arquivo de Música da Catedral de Mondoñedo. No segundo, ‘Xenialidades varias’, os músicos participantes tocarán no auditorio municipal pezas de A. Gaos, R. Schumann e S. Prokofiev.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Festival MindoMúsica en Mondoñedo