Elena Candia: «Invertimos a imaxe do concello; agora vese un Mondoñedo en positivo»

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

08 may 2019 . Actualizado a las 21:39 h.

A actual rexedora e candidata á alcaldía de Mondoñedo, Elena Candia, pon en valor que durante o presente mandato «invertimos a imaxe do Concello. Cada vez se percibe máis a un Mondoñedo como un escenario de oportunidades, en positivo».

Co obxectivo “firme” de continuar a traballar pola cidade, a popular encabeza de novo a candidatura, nesta ocasión integrada por 21 persoas, que conta cun proxecto «novo e ilusionante». Así, a alcaldable asegura que completamos a lista con persoas de diferentes idades e

profesións, «aos que nos une un lema, o de Centrados en Mondoñedo”, ao igual que o demostramos durante estes anos».

A lista fórmana: 1. María Elena Candia López. 2. Manuel Ángel Otero Legide. 3. María Ángeles Rodríguez Rico. 4. José Otero Rejes. 5. Manuel Tapia Rivera. 6. Alberto García Fernández. 7. María Patricia Otero Doural. 8. Beatriz Meilán Rego. 9. Sabina del Pilar Allande Menéndez. 10. Pascual Jesús Ares López. 11. Pablo Redondas Losada. Como suplentes: Isidro Maseda, María del Pilar Díaz, M. Milagros Martínez, Marcos Candia, José R. Díaz, Sonia Fernández Cillero, Ana Mel, Luciano J. Folgueiro, Luis Otero Pena e José Aquilino Bouso García.