Encontro de Narración Oral Galega ou contacontos en Mondoñedo

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

PEPA LOSADA

Terá lugar hoxe a partir das 20 horas no auditorio Pascual Veiga

26 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Mondoñedo acolle hoxe un encontro de Narración Oral Galega. Os narradores ou contacontos actuarán ás 20 horas no auditorio municipal Pascual Veiga. Despois terán pinchos e festa no pub A Bodeguiña (ao mediodía xantarán na Casa da Penela). Durmirán na hospedería do Seminario mindoniense.

Mañá, domingo, ás 11 da mañá participarán nunha visita guiada polo Cronista Oficial, Antonio Reigosa, por Mondoñedo e os seus lugares de interés histórico, que non son poucos. Hoxe toca desfrutar dos contacontos.