O Barrio dos Muíños e José Ramón Montenegro, gañan o concurso de Adornos de Nadal de Mondoñedo

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

05 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Mondoñedo fallou o concurso de Adornos do Nadal. Na modalidade individual, dirixida a particulares de vivendas que adornen as súas fachadas, balcóns, portais ou baixantes de auga, obtivo o primeiro premio José Ramón Montenegro Espina (Muíños de Arriba, 35), que ademais de engalar a porta da súa vivenda tamén montou un Belén sobre un pequeno barco que flota nas augas do río dos Muíños. Mentres,

Nélida Fernández (rúa Guevara, 18, 2º) acadou o segundo premio nesta modalidade individual.

Por outro lado, na modalidade colectiva o xurado fallou o primeiro premio para o Barrio dos Muíños pola súa decoración; mentres que o segundo recaeu no Hospital de San Pablo.